Principal - Noticias

Novas PDI (Pizarras Dixitais Interactivas)

Dende o curso 2022-2023, o noso alumnado dispón de Pizarras Dixitais Interactivas nas aulas de tódalas etapas educativas.

A inversión nas etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria foi realizada por medio da concesión de subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para a dotación de aulas dixitais. Ditas subvencións son cofinanciadas polo fondo europeo relativo ó Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) da Unión Europea, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia NextGenerationEU financiado pola Unión Europea, aos que agracedemos o seu apoio.

Por outra parte, o equipamento das aulas de Bacharelato foi realizado con inversión do noso Centro Educativo para dar continuidade nesta etapa tan importante, á nosa liña pedagóxica apoiada nas novas tecnoloxías.