Son rapaces que viven na nosa residencia e cursan Secundaria no Fogar.
Uns son da terra (Fisterra, Silleda, Sanxenxo, Ourense…) e xa veñen co galego «de serie».
Mais outros proceden de fóra de Galicia (Logroño, Santander, Huelva, Mallorca…) e xa están a dar os seus primeiros pasos co galego, cunha actitude libre de prexuízos.
Parabéns a todos polo seu esforzo!