Equipo directivo

O Equipo Directivo está formado pola Xefatura de Estudos, a Dirección Pedagóxica e  a Dirección Xeral do Centro.

Dado o tamaño do centro e a cantidade de alumnado e profesorado que forman esta comunidade educativa, a Xefatura de Estudos, está composta por un Xefe de Estudos que atende as etapas de Educación  Primaria e Educación Infantil e un Xefe de Estudos que atende as etapas  de Educación Secundaria, Bacharelato  e Ciclos Formativos.

A Xefatura de Estudos coordínase coa  Dirección Pedagóxica, tratando de marcar as pautas a seguir nas diferentes etapas mediante reunións periódicas co equipo de coordinadores dos diferentes niveis xunto co Departamento de Orientación.

A Dirección Xeral encárgase da supervisión de todo o traballo e establece a liña xeral  de centro.