Plan de adaptación ao contexto COVID 19

Queridas familias Fogar,

Presentámosvos o protocolo do Fogar para a adaptación á situación do Covid para o que levamos traballando durante todo o verán.

Queremos transmitirvos que o Fogar fixo todo e máis para minimizar os riscos ante a pandemia. Agora necesitámosvos a vós para que, unindo os nosos esforzos, logremos superar esta difícil situación que nos tocou vivir.

De conformidade co previsto na lexislación recentemente publicada pola Xunta de Galicia pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes para o curso 2020/21 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19, o noso Colexio fai público os horarios espello a seguir en caso de ter que pasar, por calquera motivo, ao ensino a distancia garantindo así a continuación da actividade lectiva en tódalas situacións para o noso alumnado.

Grazas a todos e moito ánimo.