Organización académica

A comunidade educativa do Fogar de Santa Margarida está formada por aproximadamente 1200 alumnos e 80 docentes. Os alumnos están distribuídos entre Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos de Formación Profesional.

A Educación Infantil do noso centro abarca dous ciclos nos que se acollen a alumnos de 0 a 6 anos. O actual primeiro, antes gardería, está formado por tres unidades:

  • Bebés de 0 anos
  • Nenos e nenas de 1 ano
  • Nenos e nenas de 2 anos

O noso centro acolle a alumnos de 1 e 2 anos e, excepcionalmente, en función do número de alumnos e  con autorización da Administración, se nos permite formar unha unidade de 0-1 anos e outra con alumnado de dous anos.
No segundo ciclo de Educación Infantil, formado polo 4º, 5º e 6º cursos, existen tres grupos por cada nivel educativo, cada un co seu correspondente titor que se encarga de impartir todas as materias agás Inglés, que o imparte profesorado especialista  do propio centro.

Na Educación Primaria, formada por seis cursos, existen tamén tres grupos por cada nivel educativo, cada un coa súa titora ou titor. Nesta etapa aparecen os mestres especialistas, que imparten as materias de Inglés, Arts&Crafts, Relixión e Educación Física. O resto das materias son impartidas pola titora ou titor.

Na Educación Secundaria, no Bacharelato e nos Ciclos Formativos de Formación Profesional todas as materias son sempre impartidas por profesorado especialista,  sendo a misión do titor coordinar o grupo e informar ás familias da evolución do alumnado titorado, tarefa que se vén realizando dende Educación Infantil.

En cada etapa educativa existe un grupo de coordinadores que se encarga do correcto desenvolvemento das actividades destas etapas e fan de enlace entre o Equipo Directivo e os docentes dos diferentes niveis.

O Equipo Directivo está formado pola Xefatura de Estudos, a Dirección Pedagóxica e a Dirección Xeral do Colexio.