Principal - Actividades

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2021

Febreiro 2021

Así somos, así o contamos!

Porque unha imaxe vale máis que mil palabras, porque nos gusta tomar decisións baseadas nos nosos criterios e valores, porque temos que ver "in situ" todo o que é importante para nós, por todo isto...

¡¡Ven a coñecer o cole!!

Do 18 de febreiro ó 5 de marzo, abrirán as nosas portas para a visita de todas aquelas familias que, no curso 2021-2022, desexades formar parte da nosa comunidade educativa na nova aventura que comezan os vosos fillos e fillas no 2º Ciclo de Educación Infantil (a partir de 3 anos).

Durante a visita presencial, sempre e cando as autoridades sanitarias o permitan, amosaremos cal é a liña pedagóxica do Fogar e as instalacións que o colexo pon á disposición dos vosos fillos e fillas, creadas e adaptadas específicamente para esta etapa educativa.

Recibiredes tamén información sobre os servizos e actividades do Fogar dispoñibles para @s nos@s alumn@s. Un colex vivo, que medra día a día con vós, por e para o noso alumnado e as nosas familias. Como novedade para este año, plantexaremos reunións grupais por videoconferencia para resolver tódalas preguntas ou dúbidas que podades ter sobre o noso colexo.

¡¡Estamos seguros de que vos sorprenderemos!!

Para poder realizar a nosa planificación, podedes solicitar a inscripción nas xornadas especificando os días e horarios que, pola vosa conciliación familiar-laboral, vos permitan a asistencia, tanto á visita presencial no caso de que se permita, como á videoconferencia. Dita inscripción pódese facer:

  • Chamando á secretaría do colexo: 981251090
  • Enviando un correo electrónico a secretaria@fhsm.es
  • Cumprimentando e enviando o seguinte formulario:

¡Comparte esta publicación para que nuestra familia siga creciendo!

¡Gracias!